Proxectos
Cada ficha segue a mesma estrutura —que problema resolve, en que estado está de verdade, con que está construído e de onde saen os datos— para que se poidan comparar entre si. O estado é o real, non o desexable.
-
SupplyWatch
En desenvolvemento — sen capacidade preditiva demostrada
Sistema de investigación sobre risco en cadeas de subministración: reúne indicadores económicos e eventos xeopolíticos e mide se serven para anticipar rupturas.
- FastAPI
- PostgreSQL
- pgvector
- Grafana
- Prometheus
- n8n
- Renovate
-
VixíaNormativa
En desenvolvemento
Vixilancia automática do BOE e do DOG para servizos sociais municipais: detecta o que afecta a un concello e resúmeo en galego e castelán, sen que os datos saian da infraestrutura propia.
- FastAPI
- PostgreSQL
- pgvector
- Ollama
- n8n
- LLM en CPU
-
Atlas sociodemográfico de Xunqueira de Ambía
Publicado
Análise territorial e demográfica do concello ourensán, publicada como mapa interactivo e ficha municipal en HTML estático.
- Python
- GeoPandas
- Folium
- Leaflet
- HTML estático
-
BitácorIA
Funcionando
Recomendador literario conversacional que prioriza a diversidade editorial: editoriais independentes e selos pequenos por diante dos grandes distribuidores.
- LangGraph
- Gradio
- PostgreSQL
- Axentes
- MCP
-
Contos infantís
Funcionando
Xerador de contos para nenas e nenos de 0 a 6 anos, con texto, audio narrado e ilustracións, orientado a apoiar a lectura acompañada.
- Gradio
- Axentes
- TTS
- SQLite
-
Xemelgo Dixital Profesional
Funcionando
Un xemelgo dixital da miña vida profesional: responde preguntas sobre a miña traxectoria a partir do currículo real e do rexistro de formación.
- Gradio
- Axentes
- RAG
Detidos
O que hai feito funciona e o código está publicado, pero non están en desenvolvemento activo. Figuran aquí por honestidade, non como escaparate.
-
EnergyOracle
Detido desde marzo de 2026
Análise do mercado eléctrico español: compara o prezo regulado co maiorista, explica a diferenza e sinala os tramos horarios máis baratos.
- CrewAI
- Streamlit
- PostgreSQL
- Plotly