Ir ao contido
XanIAGPL xaniagpl.dev Castellano

Aviso legal

Titularidade, condicións de uso e licenzas.

Titular

Por que non aparece un NIF nin un enderezo postal

A Lei 34/2002 (LSSI-CE) esixe eses datos no seu artigo 10, pero só a quen presta servizos da sociedade da información, e as preguntas frecuentes oficiais da propia lei din literalmente: «La Ley no se aplicará a una página web personal cuando su titular no realice ningún tipo de actividad económica a través de la misma». Esa mesma fonte precisa que hai actividade económica cando se perciben «ingresos directos […] o indirectos (por publicidad, patrocinio, etc.)».

Este sitio non ten publicidade, nin patrocinio, nin venda, nin capta encargos: é un portafolio de quen busca emprego por conta allea. Non hai ingreso ningún, directo nin indirecto. Polo tanto a LSSI non lle é aplicable e o artigo 10 non opera.

O que si se aplica é o artigo 13 do RXPD, que pide «a identidade e os datos de contacto do responsable» — non pide NIF nin domicilio. Iso está máis arriba, e a política de privacidade desenvólveo.

Obxecto

Este sitio é un portafolio profesional. Describe proxectos propios e dá acceso a algunhas aplicacións de demostración.

Licenzas

Limitación de responsabilidade

As aplicacións publicadas neste dominio son demostracións técnicas. Os seus resultados non constitúen asesoramento xurídico, financeiro, enerxético nin profesional de ningún tipo, e non deben usarse como única base para unha decisión.

Varias delas xeran texto mediante modelos de linguaxe, que poden equivocarse e producir afirmacións falsas cunha redacción convincente. Contrasta sempre.