Contos infantís
Xerador de contos para nenas e nenos de 0 a 6 anos, con texto, audio narrado e ilustracións, orientado a apoiar a lectura acompañada.
- Estado
- Funcionando
- Tecnoloxías
- Gradio · Axentes · TTS · SQLite
- Licenza
- AGPLv3
Que resolve
Un conto á medida —co nome da criatura, cos animais que lle gustan, coa lección que se quere traballar esa semana— require tempo que moitas familias e escolas infantís non teñen.
O sistema xera o texto, nárrao en voz alta e ilústrao, cun coordinador que orquestra todo o proceso.
Trazabilidade
Cada ficheiro xerado leva un identificador único e queda rexistrado cos parámetros exactos que o produciron: modelo, voz, prompt e data. Non é un detalle de implementación — é o que permite reproducir un resultado e saber de onde saíu.
Cautelas, que aquí importan máis do normal
- É contido xerado automaticamente. Está pensado para lectura acompañada por unha persoa adulta, non para deixar unha criatura soa diante da pantalla.
- As peticións procésanse en provedores externos. Non introduzas datos reais de menores: nin nomes completos, nin centro escolar, nin nada identificable.