EnergyOracle
Análise do mercado eléctrico español: compara o prezo regulado co maiorista, explica a diferenza e sinala os tramos horarios máis baratos.
- Estado
- Detido desde marzo de 2026; o módulo PVPC segue activo
- Tecnoloxías
- CrewAI · Streamlit · PostgreSQL · Plotly
- Licenza
- AGPLv3
Que resolve
A pregunta práctica é sempre a mesma: cando convén poñer a lavadora. E a resposta pública está partida en dous sitios que non se parecen — ESIOS publica o prezo regulado, OMIE o maiorista— e a diferenza entre ambos non a explica ninguén.
O sistema ingire os dous, calcula a diferenza e xera un informe que explica de onde sae: canto é enerxía e canto son peaxes, cargos e impostos. Máis un semáforo por tramos horarios.
Estado real
Desenvolvemento detido desde marzo de 2026 — pero o módulo eléctrico segue en marcha. Comezou como proxecto para probar CrewAI centrándose só no PVPC, e esa parte está completa: todos os días se executa a análise para ir gardando os prezos diarios.
O freno veu cos combustibles: hai máis de mil gasoleiras en España, e os prezos diarios de gasolina e diésel xeraban un volume de datos que a capa gratuita de Supabase non podía asumir. Iso, sumado ás limitacións do propio framework CrewAI, detivo o proxecto. A seguinte fase prevista era a predictiva —un modelo de ML adestrado con prezos históricos e novas relevantes do sector enerxético— e quedou sen empezar.
Aparece aquí porque o que hai feito é utilizable e o código está publicado. O plan é traelo ao servidor propio e automatizar alí a recollida diaria do PVPC; antes de volver poñelo en marcha hai que revisar as dependencias, que levan meses sen actualizar.
Fontes de datos
- ESIOS — Red Eléctrica de España: prezos horarios PVPC.
- OMIE — prezos de peche do mercado maiorista.