SupplyWatch
Sistema de investigación sobre risco en cadeas de subministración: reúne indicadores económicos e eventos xeopolíticos e mide se serven para anticipar rupturas.
- Estado
- En desenvolvemento — sen capacidade preditiva demostrada
- Tecnoloxías
- FastAPI · PostgreSQL · pgvector · Grafana · Prometheus · n8n · Renovate
- Licenza
- AGPLv3
Que resolve
Cando unha cadea de subministración se rompe, os sinais adoitan estar publicados antes: prezos de materias primas, tensións rexistradas en bases de eventos, índices de presión loxística. O problema é que están en sete sitios distintos, con cadencias distintas, e ninguén os mira xuntos.
SupplyWatch ingire esas fontes de forma automática, normalízaas e ponas nun panel único con alertas de frescura: se unha fonte deixa de actualizarse, avisa.
Estado real, sen adornos
Os criterios de capacidade preditiva non se superaron. O sistema recolle, ordena e presenta os datos de forma fiable, pero non está demostrado que anticipe nada. Presentalo como sistema de alerta temperá sería desmentido polo seu propio panel.
O que si funciona e está medido: a inxesta automática, o control de frescura por fonte, as copias verificadas e o ciclo de actualización de dependencias — que aplica versións novas sen intervención humana, con reversión automática se algo falla.
O que hai debaixo
Sete servizos en contedores, ningún exposto a internet salvo o panel. As actualizacións decídeas Renovate, valídaas a integración continua e aplícaas un axente no propio servidor: entre que sae unha versión e se desprega non hai ninguén lembrándose de facelo.
Fontes de datos
- GDELT Project — base de eventos codificados (CAMEO).
- FRED / Federal Reserve Bank of St. Louis — indicadores financeiros.
- U.S. Energy Information Administration (EIA) — enerxía.
- Source: International Monetary Fund, Primary Commodity Prices — prezos do gas europeo. As series derivadas son transformacións propias.
- Global Supply Chain Pressure Index (Fed de Nova York) e FAO Food Price Index.