VixíaNormativa
Vixilancia automática do BOE e do DOG para servizos sociais municipais: detecta o que afecta a un concello e resúmeo en galego e castelán, sen que os datos saian da infraestrutura propia.
- Estado
- En desenvolvemento
- Tecnoloxías
- FastAPI · PostgreSQL · pgvector · Ollama · n8n · LLM en CPU
- Licenza
- AGPLv3
Que resolve
Un concello pequeno non ten quen lea o BOE e o DOG todos os días. As convocatorias de subvencións, os cambios normativos e os prazos que afectan a servizos sociais pásanse por non mirar a tempo.
O sistema fai a inxesta diaria dos dous boletíns, clasifica o que é relevante para servizos sociais e produce un resumo en galego e castelán.
A decisión que o define: o modelo corre na casa
Toda a inferencia execútase nun modelo local sobre CPU, non nunha API externa. Iso custa memoria —é o proceso máis pesado de toda a infraestrutura— e obriga a dimensionar o servidor para el.
Faise así por unha razón que non é técnica: este proxecto traballa para servizos sociais, e as futuras fases tratarán datos de persoas en situación de vulnerabilidade. Eses datos non poden saír da infraestrutura propia nin pasar por un enrutador de modelos que decide en cada chamada a que provedor os manda.
Estado real
A inxesta e a clasificación funcionan. A avaliación sistemática da calidade dos resumos está pendente: mentres non estea, o sistema é unha axuda á lectura, non un substituto dela.
Fontes de datos
- Boletín Oficial del Estado — API pública.
- Diario Oficial de Galicia — feeds RSS (uns 32; non existe un feed único, verificado).