Ir ao contido
XanIAGPL xaniagpl.dev Castellano

Privacidade

Que datos se tratan neste sitio, cales non, e cara a onde viaxan cando usas as aplicacións.

Quen é o responsable

Escribindo a ese enderezo podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade. Se non estás conforme coa resposta, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.

O resumo curto

Este sitio web non usa cookies e non ten analítica. Por iso non verás un banner de consentimento: non hai nada que consentir.

En xaniagpl.dev tampouco se carga ningún recurso de terceiros. Hai unha excepción, e está no subdominio do atlas: os mapas de atlasxda.xaniagpl.dev descargan as súas teselas de dous servidores externos. Explícase máis abaixo.

O que si se rexistra

O servidor web anota cada petición nun rexistro de acceso que inclúe o teu enderezo IP, a data, a páxina solicitada e o navegador. Un enderezo IP é un dato persoal.

O atlas carga mapas de dous servidores externos

O subdominio atlasxda.xaniagpl.dev —o atlas sociodemográfico de Xunqueira de Ambía— mostra mapas interactivos, e as imaxes do mapa base (as teselas) veñen de fóra. Non se poden autohospedar: son centos de gigabytes que se actualizan constantemente.

Iso significa que, ao abrir un mapa, o teu navegador conéctase directamente a eses dous servidores e eles ven o teu enderezo IP. Non llelo mando eu: pídellelo o teu navegador para debuxar o mapa. Pero habilítoo eu ao publicar o mapa, e por iso o declaro aquí.

QuenQue veOnde está
OpenStreetMap FoundationIP, navegador e que teselas pedichesRexistrada en Cambridge (Reino Unido); garda eses rexistros no Reino Unido e nos Países Baixos
Instituto Geográfico Nacional (IGN)O mesmoOrganismo público español: dentro da UE

O sitio envía Referrer-Policy: no-referrer, así que eses servidores non saben en que páxina estabas cando se pediu a tesela: só que alguén pediu unha.

As súas políticas: OpenStreetMap Foundation (abre nunha lapela nova) · IGN (abre nunha lapela nova).

Onde está aloxado

Nun servidor propio contratado a netcup GmbH (empresa alemá), cun centro de datos en Viena, Austria —dentro da Unión Europea—. Non hai transferencias internacionais de datos fóra da UE.

O provedor está certificado en ISO 9001, 14001, 27001 e 27701.

As aplicacións son outra cousa, e convén ler isto

Algunhas aplicacións deste dominio xeran texto mediante modelos de linguaxe aloxados por provedores externos. Nese caso, o que escribas nelas sáese desta infraestrutura e procésase fóra.

Afecta a: BitácorIA, Contos infantís, EnergyOracle e o Xemelgo Dixital Profesional. Cada unha indícao na súa ficha.

Non introduzas nesas aplicacións datos persoais, confidenciais nin de menores.

Non afecta a VixíaNormativa: ese proxecto executa os modelos na propia infraestrutura e os seus datos non saen dela nunca.

Os teus dereitos

Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo a xaniagpl@disroot.org. Se non estás conforme coa resposta, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es (abre nunha lapela nova)).