Xemelgo Dixital Profesional
Un xemelgo dixital da miña vida profesional: responde preguntas sobre a miña traxectoria a partir do currículo real e do rexistro de formación.
- Estado
- Funcionando
- Tecnoloxías
- Gradio · Axentes · RAG
- Licenza
- AGPLv3
Que resolve
Un currículo en PDF responde ás preguntas que alguén previu ao escribilo. Este asistente responde ás que fai quen o le: se teño experiencia concreta nalgo, que formación completei nun ámbito, ou como encaixaría nun proxecto determinado.
O que debes saber antes de usalo
- Responde a partir do meu currículo e do rexistro de formación, non de todo o que hai en internet. Se algo non está aí, dirache que non o sabe en lugar de inventalo.
- É unha demostración técnica ademais dunha ferramenta. Se prefires o currículo en PDF, pídemo por correo.
- As peticións procésanse nun provedor externo.